escuro -ra

escuro -ra

(< lat obscūru)

  1. adx

    Que ten pouca ou ningunha luz ou claridade.

    Ex: Ó apagar a luz o cuarto quedou escuro e non se vía nada. Que mañá tan escura! 

  2. adx

    Que tira á cor negra.

    Ex: Prefire vestir roupa escura. Ten unha pel moi escura. 

  3. adx

    Que se contrapón a outros da súa mesma clase pola maior intensidade.

    Ex: O vestido era azul escuro e a chaqueta azul clariña. 

  4. adx

    Que non se comprende con facilidade.

    Ex: Non entendeu as escuras palabras de seu irmán. O seu carácter escuro fai que non teña moitos amigos. 

  5. adx

    Que ofrece dúbidas ou infunde desconfianza.

    Ex: Despois do accidente, o seu futuro laboral é bastante escuro. Está metido en negocios escuros.

Frases feitas

  • Ás escuras 1 loc adv Sen luz. Ex: Entrou na casa ás escuras e tropezou coa mesa. 2 loc adv Sen coñecemento dalgunha cousa. Ex: Os investigadores aínda están ás escuras no tratamento da sida.