falso -sa

falso -sa

(< lat falsu)

    1. adx

      Que non se corresponde coa realidade.

      Ex: As noticias falsas logo se divulgan. O aviso de incendio era unha falsa alarma. 

    2. falso testemuño [DER]

      Delito que consiste en violar o deber de veracidade que teñen obriga de observar as testemuñas e os peritos nas súas declaracións ante os xuíces e tribunais. O falso testemuño nunha causa penal é merecedor dunha pena superior ca nunha causa civil.

    1. adx

      Que, coa intención de enganar, imita algo e non é auténtico.

      Ex: Vendéronlle un cadro falso. 

    2. adx [NUMIS/FILAT]

      Aplícase á moeda ou ao selo de correos producidos fraudulentamente sen autorización.

    3. falso postal/de época FILAT [FILAT]

      Selo falsificado coa intención de defraudar ao servico de correos e empregalo para o franqueo de correspondencia.

    4. falso filatélico FILAT [FILAT]

      Selo falsificado coa intención de vendelo como auténtico aos coleccionistas.

  1. adx
    1. Que é enganoso porque é contrario ao que é en realidade.

      Ex: Non pises aí que o chan parece que está falso. 

    2. Aplícase á persoa que é capaz de mentir ou de simular uns sentimentos contrarios as verdadeiras intencións.

      Ex: Non confies nel que é moi falso. 

    3. Aplícase á cabalería que dá couces sen que a fustriguen.

      Ex: Non te achegues á burra que é falsa. 

  2. adx

    Aplícase a un nome que non é propiamente o que designa senón que se semella moito.

    Ex: O eucalipto conta con falsas follas ou filodios. 

  3. adx

    Que realiza as funcións daquilo que imita.

    Ex: Un falso tabique separaba as dúas estancias.

  4. adx [CONSTR]
    1. Aplícase ao elemento que suple a falta de forza ou dimensións nunha arquitectura.

    2. Aplícase ao arco construído sobre un lintel que ten como función aliviar o peso que cargaría sobre el.

  5. s m [BIBLIOT]

    Documento realizado de xeito intencionado que non corresponde a un acto xurídico auténtico.

  6. [IND/ARTE]

    Efecto óptico polo que se visualiza unha parte dun obxecto detrás doutro, dando a impresión de que están unidos.

  7. [LING]

    Palabras de diferentes linguas que son semellantes entre si na etimoloxía e na forma, mais non no significado. O termo foi usado por primeira vez por Maxime Koessler e Jules Derocquigny na súa obra Les faux-amis ou les trahisons du vocabulaire anglais (1928). Por exemplo o galego exquisito ‘excepcional’ e o portugués esquisito ‘estraño’; o galego largo ‘ancho’ e o castelán largo ‘longo’; ou o galego librería ‘librería’ e o inglés library ‘biblioteca’ son falsos amigos.

  8. [MÚS]

    Procedemento de canto polifónico empregado a partir do s XIV consistente nunha sucesión de terceiras e sextas enmarcadas por acordes de oitavas e de quintas.

  9. [HIST]

    Documentos que cumpren todas as formalidades pero que se realizaron en contra da vontade do seu autor.

Frases feitas

  • En falso 1Con falsidade. Ex: Xurou en falso.

  • 2 Sen a segururidade adecuada. Ex: Construíron en falso e agora teñan medo a que caia. Puxo o pé en falso e case cae.

  • 3 De forma superficial. Ex: Curoulle a ferida en falso.

Palabras veciñas

falsificador -ra | falsificar | falso -sa | falso -sa | Falster | falta | faltar