falso -sa
(< lat falsu)
-
-
adx
Que non se corresponde coa realidade.
Ex: As noticias falsas logo se divulgan. O aviso de incendio era unha falsa alarma.
-
falso testemuño
[DER]
Delito que consiste en violar o deber de veracidade que teñen obriga de observar as testemuñas e os peritos nas súas declaracións ante os xuíces e tribunais. O falso testemuño nunha causa penal é merecedor dunha pena superior ca nunha causa civil.
-
adx
-
-
adx
Que, coa intención de enganar, imita algo e non é auténtico.
Ex: Vendéronlle un cadro falso.
-
adx
[NUMIS/FILAT]
Aplícase á moeda ou ao selo de correos producidos fraudulentamente sen autorización.
-
falso postal/de época FILAT
[FILAT]
Selo falsificado coa intención de defraudar ao servico de correos e empregalo para o franqueo de correspondencia.
-
falso filatélico FILAT
[FILAT]
Selo falsificado coa intención de vendelo como auténtico aos coleccionistas.
-
adx
-
adx
-
Que é enganoso porque é contrario ao que é en realidade.
Ex: Non pises aí que o chan parece que está falso.
-
Aplícase á persoa que é capaz de mentir ou de simular uns sentimentos contrarios as verdadeiras intencións.
Ex: Non confies nel que é moi falso.
-
Aplícase á cabalería que dá couces sen que a fustriguen.
Ex: Non te achegues á burra que é falsa.
-
-
adx
Aplícase a un nome que non é propiamente o que designa senón que se semella moito.
Ex: O eucalipto conta con falsas follas ou filodios.
-
adx
Que realiza as funcións daquilo que imita.
Ex: Un falso tabique separaba as dúas estancias.
-
adx
[CONSTR]
-
Aplícase ao elemento que suple a falta de forza ou dimensións nunha arquitectura.
-
Aplícase ao arco construído sobre un lintel que ten como función aliviar o peso que cargaría sobre el.
-
-
s
m
[BIBLIOT]
Documento realizado de xeito intencionado que non corresponde a un acto xurídico auténtico.
-
[IND/ARTE]
Efecto óptico polo que se visualiza unha parte dun obxecto detrás doutro, dando a impresión de que están unidos.
-
[LING]
Palabras de diferentes linguas que son semellantes entre si na etimoloxía e na forma, mais non no significado. O termo foi usado por primeira vez por Maxime Koessler e Jules Derocquigny na súa obra Les faux-amis ou les trahisons du vocabulaire anglais (1928). Por exemplo o galego exquisito ‘excepcional’ e o portugués esquisito ‘estraño’; o galego largo ‘ancho’ e o castelán largo ‘longo’; ou o galego librería ‘librería’ e o inglés library ‘biblioteca’ son falsos amigos.
-
[MÚS]
Procedemento de canto polifónico empregado a partir do s XIV consistente nunha sucesión de terceiras e sextas enmarcadas por acordes de oitavas e de quintas.
-
[HIST]
Documentos que cumpren todas as formalidades pero que se realizaron en contra da vontade do seu autor.
Frases feitas
-
En falso 1Con falsidade. Ex: Xurou en falso.
-
2 Sen a segururidade adecuada. Ex: Construíron en falso e agora teñan medo a que caia. Puxo o pé en falso e case cae.
-
3 De forma superficial. Ex: Curoulle a ferida en falso.