feixe
(< lat fasce)
-
s
m
-
Porción de cousas alongadas, polo xeral atadas, que se colocan paralelamente, especialmente palla, herba ou leña.
Ex: Fixeron un feixe de herba para levar ó lombo. Vai buscar un feixe de leña para a cociña de ferro.
-
Conxunto atado de calquera cousa.
Ex: Fixo un feixe de roupa e marchou da casa.
-
[FÍS]
Corrente ou fluxo de partículas que seguen unha traxectoria unidireccional común e cunhas enerxías dun intervalo determinado.
-
[ANAT/ZOOL]
Grupo de fibras musculares ou nerviosas dispostas de xeito paralelo.
-
-
s
m
-
Conxunto reunido de cousas ou persoas.
Ex: Escolmou un feixe de relatos para a antoloxía. Fixo un feixe de apreciacións sobre a natureza virtuosa do home. Na sala había un feixe de médicos.
-
[ANAT/BOT]
Conxunto de elementos condutores dispostos de xeito concentrado. Normalmente están formados por vasos e tubos cribosos, amais doutras células acompañantes.
-
[MAT]
Conxunto de superficies ou liñas da ecuación f+λϕ=0, onde f=0 e ϕ=0 son as ecuacións de dous elementos calquera do feixe, que se toman como xeratrices, e λ é un parámetro. Todos os elementos dun feixe teñen en común a intersección; deste xeito, os planos dun feixe de planos teñen unha recta de intersección común, chamada aresta do feixe, e as rectas dun feixe de rectas, teñen un punto de intersección común, chamado vértice do feixe.
-
-
[TECNOL]
Grupo de vías sensiblemente paralelas reunidas polos extremos mediante as correspondentes agullas. Segundo a súa finalidade denomínanse: de formación de trens, de clasificación de vagóns, de agrupamento de direccións, de espera, de saída, etc.
-
[COMUN]
Feixe de ondas hertzianas destinadas a establecer un enlace entre dous puntos determinados e caracterizado polo feito de posuír unha gran direccionalidade.
-
[ANAT]
ía motriz neurolóxica que transmite os impulsos do cerebro ás neuronas motoras do tronco e das extremidades.
Frases feitas
-
A feixes. A moreas, todo xunto. Ex: A xente entrou a feixes no local.
-
Agarrar a feixe. Coller de algo todo o que se pode abarcar cos brazos.