feixe

feixe

(

  1. ES-TRAD;mso-fareast-language: faba.

  2. s m
    1. Porción de cousas alongadas, polo xeral atadas, que se colocan paralelamente, especialmente palla, herba ou leña.

      Ex: Fixeron un feixe de herba para levar ó lombo. Vai buscar un feixe de leña para a cociña de ferro.

    2. Conxunto atado de calquera cousa.

      Ex: Fixo un feixe de roupa e marchou da casa.

    3. [FÍS]

      Corrente ou fluxo de partículas que seguen unha traxectoria unidireccional común e cunhas enerxías dun intervalo determinado.

    4. [ANAT/ZOOL]

      Grupo de fibras musculares ou nerviosas dispostas de xeito paralelo.

  3. s m
    1. Conxunto reunido de cousas ou persoas.

      Ex: Escolmou un feixe de relatos para a antoloxía. Fixo un feixe de apreciacións sobre a natureza virtuosa do home. Na sala había un feixe de médicos.

    2. [ANAT/BOT]

      Conxunto de elementos condutores dispostos de xeito concentrado. Normalmente están formados por vasos e tubos cribosos, amais doutras células acompañantes.

    3. [MAT]

      Conxunto de superficies ou liñas da ecuación f+λφ=0, onde f=0 e φ=0 son as ecuacións de dous elementos calquera do feixe, que se toman como xeratrices, e λ é un parámetro. Todos os elementos dun feixe teñen en común a intersección; deste xeito, os planos dun feixe de planos teñen unha recta de intersección común, chamada aresta do feixe, e as rectas dun feixe de rectas, teñen un punto de intersección común, chamado vértice do feixe.

  4. feixe de vías [TECNOL]

    Grupo de vías sensiblemente paralelas reunidas polos extremos mediante as correspondentes agullas. Segundo a súa finalidade denomínanse: de formación de trens, de clasificación de vagóns, de agrupamento de direccións, de espera, de saída, etc.

  5. feixe hertziano [COMUN]

    Feixe de ondas hertzianas destinadas a establecer un enlace entre dous puntos determinados e caracterizado polo feito de posuír unha gran direccionalidade.

  6. feixe piramidal [ANAT]

    ía motriz neurolóxica que transmite os impulsos do cerebro ás neuronas motoras do tronco e das extremidades.

Frases feitas

  • A feixes. A moreas, todo xunto. Ex: A xente entrou a feixes no local.

  • Agarrar a feixe. Coller de algo todo o que se pode abarcar cos brazos.

Palabras veciñas

Feitos e Xeitos | feitura | feiturada | feixe | feixe | Feixó | feixó