fillo -lla
(< lat filĭu)
-
-
s
Un animal en relación ao seu pai ou nai. Na tradición oral recóllense ditos como: “A quen Deus lle negou fillos, o demo apareoulle sobriños. Fillo es e pai serás; como fixeres, así o terás. Fillo aínda non o temos e xa nome lle puxemos. Fillos criados, pesares dobrados. Nin para o fillo bo compre gañar, nin para o malo traballar. O fillo da miña filla ponmo onda a lareira para que coma; e o da miña nora, dálle unha codecha de pan para que vaia para fóra. Os fillos da miña filla, todos meus netiños son; e os das miña nora, serán ou non. O fillo do burro ben sabe ornear. O fillo do fidalgo, un pé calzo e o outro descalzo. Onde hai fillos, nin parentes nin amigos. Se o fillo sae ao pai, saca de dúbida a nai.
-
s
[DER]
Descendente máis directo dunha persoa que, respecto a esta, ocupa o primeiro grao de parentesco en liña recta.
-
filla política
nora.
-
fillo adoptivo
[DER]
Descendente por adopción.
-
fillo adulterino
Fillo nacido dunha unión na que, polo menos, unha das persoas está unida validamente en matrimonio con outra.
-
fillo espiritual
Persoa que recibiu a herencia espiritual de alguén e que é continuador das súas ideas ou da súa obra.
-
fillo ilexítimo
Fillo que teñen dúas persoas que non poden casar.
-
fillo incestuoso
Fillo nado de persoas ligadas por parentesco nun grao en que teñen prohibido casar entre elas.
-
fillo lexitimado
Fillo que, polo procedemento da lexitimación, pasa da condición de natural á de lexítimo.
-
fillo lexítimo
Fillo nacido de persoas ligadas por matrimonio lexítimo.
-
fillo natural
Fillo nacido fóra do matrimonio, especialmente o dun pai e dunha nai que podían casar no momento da concepción.
-
fillo político
xenro.
-
fillo póstumo
[DER]
Fillo nacido despois da morte do pai.
-
fillo putativo
[DER]
Fillo considerado como tal sen selo.
-
fillo sacrílego
[DER]
Fillo nacido da unión entre persoas das que unha delas, alomenos, está suxeita ao voto de castidade polo feito de ter recibido ordes maiores ou de ter profesado nunha orde relixiosa.
-
s
-
s
Persoa en relación ao lugar onde naceu.
-
s
ocativo que se intercala nunha conversación cun neno ou cunha persoa de menos anos ou coa que se ten confianza, que pode ter valor afectivo ou ben mostrar enfado ou impaciencia.
-
s
Cousa ou persoa que procede ou é consecuencia doutra.
Ex: A novela é filla dun espírito anticlerical. O autor é fillo da época na que lle tocou vivir.
-
s
m
[BOT]
Parte dunha planta con capacidade para orixinar un novo individuo independente por medio dunha división. A formación de fillos é o medio común e natural de multiplicación vexetativa de moitas herbáceas, como é o caso da formación de estolóns na amorodeira. O home tamén forma fillos de plantas leñosas, coma gallas ou estacas, en agricultura e xardinería para multiplicar árbores froiteiras ou arbustos ornamentais.
-
s
m
Segunda persoa da Santísima Trindade. Este termo tomouno a teoloxía cristiá como a expresión dunha filiación natural, e non só adoptiva. Tamén se denomina Fillo de Deus, Fillo Unixénito ou Deus Fillo. OBS. Escríbese en maiúscula.
-
[RELIX]
-
s
Relixioso con relación ao fundador da súa orde.
-
fillo de Deus
Título mesiánico do Antigo Testamento, atribuído adoptivamente ao pobo israelita, aos anxos e ao rei.
-
fillo do home
Figura mesiánica do libro de Daniel que, segundo o Evanxeo, se atribuíu Xesús para evocar a transcendencia da súa persoa e da súa obra.
-
s
-
s
m
Persoa que é descendente doutra.
Frases feitas
-
Botar a abaixo/Desfacer un fillo. Abortar.
-
Fillo da pedra/das herbas/da terra. Aquel que non sabe quén son os seus pais.
-
Fillo de porco, marrán seguro. De tal pai tal fillo.
-
Fillo de puta. Insulto que se lle dirixe a unha persoa.
-
Cada un é fillo do seu pai/da súa nai. Emprégase para defender o seu proceder unha persoa nun determinado momento cando alguén e contrario a súa opinión ou o seu proceder.
-
Fillo bravo/ ventureiro/da igrexa/de a pé do toxo/de achego/de bedro/fe furto/de monte/de moza/de palleiro/de detrás do valado/de peta á porta/de porta aberta/de roleiro/do canaval/do raposo/do vento/ dunha picardía. Fillo ilexítimo.
-
Fillo de leite. Neno en relación á muller que o amamantou e criou durante a lactancia.
-
Fillo de nai/de pai. Fillo que se asemella no carácter a seu pai ou a súa nai.
-
Fillo de veciño. Calquera persoa. Ex: Malia ser rico, pagaba os seus impostos como todo fillo de veciño. Asistía ás clases como cada fillo de veciño.
-
Ser ben fillo de (súa) nai/de (seu) pai. Aplícase á persoa que se asemella aos seus proxenitores nas súas accións, físico ou nas súas condicións morais.
-
Ser fillo da nada. Ser de condición humilde e chegar a ocupar un cargo importante na sociedade.
-
Ser/Haber fillos de moitas nais. Expresa a diversidade de caracteres e costumes entre as xentes que pertencen a un mesmo colectivo.
-
Todos somos fillo de Adán/de Deus. Expresa a igualdade de condicións que temos todos os seres humanos.