filloa
filloa
(< lat v *foliōla,dim de folia ‘folla’)
s
f
[ALIM]
Torta doce moi fina que se elabora coa mestura de fariña, auga ou leite, ovos e sal. Unha vez mesturados estes ingredientes, o resultado bótase nunha tixola ou nunha filloeira e esténdese ata formar unha película fina que se doura un pouco por ambos os dous lados. Finalmente, bótaselle un pouco de azucre, mel ou nata por riba para darlle un sabor máis doce. É un postre tradicional do Entroido galego, xunto coas orellas. En moitas parroquias de Galicia engádeselle o sangue do porco para facer as filloas de sangue. Os crêpes ou galletes bretóns son moi semellantes na súa preparación e ingredientes.