froito

froito

(< lat fructu)

  1. s m [BOT]
    1. Ovario desenvolvido que contén a semente, ou sementes, xa formadas. As sementes están envolvidas por unha cuberta protectora denominada pericarpo, composto polo epicarpo e o endocarpo e, en moitos casos, cunha capa intermedia, as máis das veces carnosa, denominada mesocarpo.

    2. Pedúnculo, receptáculo, etc, acrescente, máis ou menos carnoso, e as máis das veces comestible polo home.

  2. s m

    Aplícase a calquera produto vexetal que produce a terra, comestible ou aproveitable polo home e os animais.

    Ex: Viven dos froitos da terra e da gandería. 

  3. s m

    Proveito, utilidade ou beneficio que se tira de algo.

    Ex: A súa fortuna é froito de moitos anos de traballo. É un libro froito dun xenio literario. 

  4. s m [DER]

    Produto que dá periodicamente unha cousa ou un ben pola súa natureza e sen alteración da súa substancia. Son froitos naturais os produtos espontáneos da terra e as crías ou os produtos espontáneos dos animais; froitos industriais os producidos polos predios de calquera maneira coa intervención do traballo do home; e froitos civís os rendementos que se obteñen da mesma cousa ou por razón dela, entre outros, o interese e as alzas de diñeiro, alugueres das edificacións e arrendamentos de terreos e censos. Segundo a relación co tempo poden clasificarse en pendentes, separados, percibidos e que non se poden recibir.

  5. Froito que se come cru unha vez secado.

Frases feitas

  • Dar froito. Conseguir ou producir algo.

  • Ex: Tanto traballo por fin lles deu froito.

  • : Puxeron á venda a herdanza a ver se lle tiran algún froito.

  • Quitar/sacar/tirar froito a algo. Obter algún beneficio ou proveito de algo. Ex