froito
(< lat fructu)
-
s
m
[BOT]
-
Ovario desenvolvido que contén a semente, ou sementes, xa formadas. As sementes están envolvidas por unha cuberta protectora denominada pericarpo, composto polo epicarpo e o endocarpo e, en moitos casos, cunha capa intermedia, as máis das veces carnosa, denominada mesocarpo.
-
Pedúnculo, receptáculo, etc, acrescente, máis ou menos carnoso, e as máis das veces comestible polo home.
-
-
s
m
Aplícase a calquera produto vexetal que produce a terra, comestible ou aproveitable polo home e os animais.
Ex: Viven dos froitos da terra e da gandería.
-
s
m
Proveito, utilidade ou beneficio que se tira de algo.
Ex: A súa fortuna é froito de moitos anos de traballo. É un libro froito dun xenio literario.
-
s
m
[DER]
Produto que dá periodicamente unha cousa ou un ben pola súa natureza e sen alteración da súa substancia. Son froitos naturais os produtos espontáneos da terra e as crías ou os produtos espontáneos dos animais; froitos industriais os producidos polos predios de calquera maneira coa intervención do traballo do home; e froitos civís os rendementos que se obteñen da mesma cousa ou por razón dela, entre outros, o interese e as alzas de diñeiro, alugueres das edificacións e arrendamentos de terreos e censos. Segundo a relación co tempo poden clasificarse en pendentes, separados, percibidos e que non se poden recibir.
-
Froito que se come cru unha vez secado.
Frases feitas
-
Dar froito. Conseguir ou producir algo.
-
Ex: Tanto traballo por fin lles deu froito.
-
: Puxeron á venda a herdanza a ver se lle tiran algún froito.
-
Quitar/sacar/tirar froito a algo. Obter algún beneficio ou proveito de algo. Ex