froito

froito

(

  1. s m [BOT]
    1. Ovario desenvolvido que contén a semente, ou sementes, xa formadas. As sementes están envolvidas por unha cuberta protectora denominada pericarpo, composto polo epicarpo e o endocarpo e, en moitos casos, cunha capa intermedia, as máis das veces carnosa, denominada mesocarpo.

    2. Pedúnculo, receptáculo, etc, acrescente, máis ou menos carnoso, e as máis das veces comestible polo home.

  2. s m

    Aplícase a calquera produto vexetal que produce a terra, comestible ou aproveitable polo home e os animais.

    Ex: Viven dos froitos da terra e da gandería.

  3. s m

    Proveito, utilidade ou beneficio que se tira de algo.

    Ex: A súa fortuna é froito de moitos anos de traballo. É un libro froito dun xenio literario.

  4. s m [DER]

    Produto que dá periodicamente unha cousa ou un ben pola súa natureza e sen alteración da súa substancia. Son froitos naturais os produtos espontáneos da terra e as crías ou os produtos espontáneos dos animais; froitos industriais os producidos polos predios de calquera maneira coa intervención do traballo do home; e froitos civís os rendementos que se obteñen da mesma cousa ou por razón dela, entre outros, o interese e as alzas de diñeiro, alugueres das edificacións e arrendamentos de terreos e censos. Segundo a relación co tempo poden clasificarse en pendentes, separados, percibidos e que non se poden recibir.

  5. froito seco

    Froito que se come cru unha vez secado.

  6. Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, unha póla de roseira cunha flor de goles e as follas de sinople, no centro do escudo, acompañada de tres estrelas de azul, dúas nos cantóns do xefe e a terceira en punta. Tamén se recolle coa forma Frutuoso.

Frases feitas

  • Dar froito. Conseguir ou producir algo.

  • Ex: Tanto traballo por fin lles deu froito.

  • : Puxeron á venda a herdanza a ver se lle tiran algún froito.

  • Quitar/sacar/tirar froito a algo. Obter algún beneficio ou proveito de algo. Ex