Froitoso

Froitoso
  1. [ONOM]

    Nome cristián-romano, procedente do latín frutuosus ‘fértil, frutífero’. Presenta a variante Frutuoso. Dous dos santos máis antigos no culto hispánico levan este nome: san Froitoso de Braga ou de Montelios (s VI), celebrado o 16 de abril, e san Froitoso de Tarragona, celebrado o 20 de xaneiro.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, unha póla de roseira cunha flor de goles e as follas de sinople, no centro do escudo, acompañada de tres estrelas de azul, dúas nos cantóns do xefe e a terceira en punta. Tamén se recolle coa forma Frutuoso.