1 haber

1 haber

(< lathabēre)

  1. v t

    Ser ou existir algo. OBS: Na tradición oral recóllense ditos como: “Onde non hai nada, a porta está sempre pechada. Onde non hai, non cómpre buscar. Para todos haxa, e para nós non falte.”

    Ex: Non hai razóns para que te enfades. Hai xente que non é de fiar. Xa non hai veráns coma os de antes. Había síntomas de contaxio. 

  2. v t

    Ocorrer ou ter lugar algo.

    Ex: Onte houbo unha gran manifestación. Esa nubes anuncian que haberá temporal. 

  3. v t

    Estar ou atoparse nun lugar.

    Ex: Esperamos que haxa moito público na estrea. 

  4. v t

    Pasar ou transcorrer o tempo que se expresa.

    Ex: Xa hai dous anos que non viñan de vacacións.

    Confrontacións: facer.

Frases feitas

  • 2 Perífrase temporal de inminencia que indica que algo estivo a piques de ocorrer. OBS: Aparece con este valor co verbo en pretérito ou antepretérito de indicativo. Ex: Houbo ir de fociños. Houberon de chegar ás mans.

  • 4 Perífrase modal que expresa valor hipotético. Ex: A estas horas ha de estar comendo. Ha de andar polos trinta anos.

  • Éche/Évos o que hai. Indica a realidade dun feito ou situación. Ex: Isto éche o que hai, pódelo coller ou non.

  • Haber + (de) + inf 1 Perífrase temporal de posterioridade que indica que a acción expresada polo infinitivo vai ocorrer. OBS: Aparece con este valor co verbo en presente ou copretérito de indicativo. Ex: Hei de falar con ela en canto poida. Dixo que che contaría algo que te había sorprender.

  • Haber roupa ao sol/tendida. Estar presente alguén que non se quere que escoite ou saiba o que se fala, especialmente un neno.

  • Non haber tal. Non ser verdade o que se di. Ex: El dirá o que queira, pero non hai tal.

  • 3 Perífrase modal que sinala o carácter obrigatorio da acción que expresa o infinitivo. Ex: Has comer o que hai.

  • Haber + que + inf. Perífrase modal que indica carácter obrigatorio. Ex: Hai que acabar con esa actitude.

Conxugar
VERBO 1 haber
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
hei
has
ha/hai
habemos
habedes
han
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
había
habías
había
habiamos
habiades
habían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
houben
houbEches
houbo
houbEmos
houbEstes
houbEron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
houbEra
houbEras
houbEra
houberamos
houberades
houbEran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
haberei
haberás
haberá
haberemos
haberedes
haberán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
habería
haberías
habería
haberiamos
haberiades
haberían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
haxa
haxas
haxa
haxamos
haxades
haxan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
houbEse
houbEses
houbEse
houbesemos
houbesedes
houbEsen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
houbEr
houbEres
houbEr
houbErmos
houbErdes
houbEren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
%

-
-
%

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
haber
haberes
haber
habermos
haberdes
haberen
Xerundio habendo
Participio habido
habida
habidos
habidas