1 haber
(
-
v t
Ser ou existir algo. OBS: Na tradición oral recóllense ditos como: “Onde non hai nada, a porta está sempre pechada. Onde non hai, non cómpre buscar. Para todos haxa, e para nós non falte.”
Ex: Non hai razóns para que te enfades. Hai xente que non é de fiar. Xa non hai veráns coma os de antes. Había síntomas de contaxio.
-
v t
Ocorrer ou ter lugar algo.
Ex: Onte houbo unha gran manifestación. Esa nubes anuncian que haberá temporal.
-
v t
Estar ou atoparse nun lugar.
Ex: Esperamos que haxa moito público na estrea.
-
v t
Pasar ou transcorrer o tempo que se expresa.
Ex: Xa hai dous anos que non viñan de vacacións.
Confrontacións: facer. -
s
m
Conxunto de bens e dereitos que posúe unha persoa física ou xurídica. OBS: Utilízase xeralmente en plural.
Ex: Fixeron unha auditoría dos haberes da sociedade.
Confrontacións: ben. -
s
m
[ECON]
Columna dereita dunha conta na que se anotan as reducións de capital en funcionamento (activo) ou os incrementos das fontes de financiamento (pasivo), e os beneficios do neto. Oponse a deber.
-
s
m pl
Emolumentos que percibe unha persoa por un traballo.
Sinónimos: salario, soldo.
Frases feitas
-
2 Perífrase temporal de inminencia que indica que algo estivo a piques de ocorrer. OBS: Aparece con este valor co verbo en pretérito ou antepretérito de indicativo. Ex: Houbo ir de fociños. Houberon de chegar ás mans.
-
4 Perífrase modal que expresa valor hipotético. Ex: A estas horas ha de estar comendo. Ha de andar polos trinta anos.
-
Éche/Évos o que hai. Indica a realidade dun feito ou situación. Ex: Isto éche o que hai, pódelo coller ou non.
-
Haber + (de) + inf 1 Perífrase temporal de posterioridade que indica que a acción expresada polo infinitivo vai ocorrer. OBS: Aparece con este valor co verbo en presente ou copretérito de indicativo. Ex: Hei de falar con ela en canto poida. Dixo que che contaría algo que te había sorprender.
-
Haber roupa ao sol/tendida. Estar presente alguén que non se quere que escoite ou saiba o que se fala, especialmente un neno.
-
Non haber tal. Non ser verdade o que se di. Ex: El dirá o que queira, pero non hai tal.
-
3 Perífrase modal que sinala o carácter obrigatorio da acción que expresa o infinitivo. Ex: Has comer o que hai.
-
Haber + que + inf. Perífrase modal que indica carácter obrigatorio. Ex: Hai que acabar con esa actitude.
Palabras veciñas
habelencia | habelencioso -sa | habenza | 1 haber | 1 haber | 2 haber | Haber, FritzIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles hei
has
ha/hai
habemos
habedes
han
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles había
habías
había
habiamos
habiades
habían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles houben
houbEches
houbo
houbEmos
houbEstes
houbEron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles houbEra
houbEras
houbEra
houberamos
houberades
houbEran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles haberei
haberás
haberá
haberemos
haberedes
haberán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles habería
haberías
habería
haberiamos
haberiades
haberían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles haxa
haxas
haxa
haxamos
haxades
haxan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles houbEse
houbEses
houbEse
houbesemos
houbesedes
houbEsen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles houbEr
houbEres
houbEr
houbErmos
houbErdes
houbEren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
%
-
-
%
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles haber
haberes
haber
habermos
haberdes
haberen
habida
habidos
habidas