levar
(< lat levāre)
-
v t
Trasladar algo ou alguén dun lugar a outro. Na tradición oral recóllense ditos como: “Alá me leve Deus, a morar onde un ovo valla dous. Eu duro, e vós duro, quén levará o maduro? Lévame ao lombo, verás cánto peso. Nunca queiras levar máis do que has pagar. O que has levar hoxe non o deixes para mañá. Ti que me levas, eu que me axudo, e imos os dous ata o cabo do mundo. Uns levan as noces, e outros as voces”.
Ex: O tractor leva unha carga de millo. Os pais levaron os nenos á escola no coche.
-
v t
Acompañar a alguén a un lugar.
Ex: Levouna ata a rúa que buscaba.
-
v t
Conducir unha vía de comunicación a algún lugar.
Ex: Este carreiro lévate á igrexa. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: A onde levarán estas escaleiras?
-
v t
Manexar un vehículo.
Ex: Leva un autobús de transporte urbano.
Sinónimos: conducir. Confrontacións: guiar. -
v t
Ter algo ou alguén sobre si, ou usar algo habitualmente.
Ex: Leva lentes para ver de lonxe. O coche levaba un adhesivo co número oito.
-
v t
Estar en certa situación ou estado.
Ex: Leváballe moita vantaxe ós outros corredores. Leva tempo buscando piso.
-
v t
Facerse cargo dunha responsabilidade ou función.
Ex: Leva o negocio dos pais. Levaba a sección de vendas nuns grandes almacéns.
-
v t
Cortar algo con violencia.
Ex: A serra levoulle un dedo da man.
-
v t
Destruír ou danar algo.
Ex: A xeada levoulle o repolo e as coles.
-
v t
Custar algo certa cantidade.
Ex: Bótame contas a ver cánto me pode levar pintar a casa.
-
v t
Precisar algo determinado tempo ou traballo.
Ex: Non sabes o tempo que nos levou rematar a casa.
-
v t
Sufrir o que se expresa.
Ex: Levou unha boa malleira por meterse onde non debía. Levei un susto cando sentín o teléfono.
-
v t
Tolerar ou aturar algo ou a alguén.
Ex: Leva moi ben a súa xubilación. OBS: Adoita empregarse seguido dos adverbios ben/mal ou outros semellantes.
-
v t
Persuadir de algo a alguén.
Ex: É un rapaz fácil de levar. Non te deixes levar por ela, porque vas rematar arrepentíndote.
Confrontacións: convencer. -
v t
Saber tratar a unha persoa ou situación.
Ex: É un vello moi difícil de levar. Levou as negociacións con moita diplomacia.
-
v t
Ser a causa de que algo suceda. OBS: Úsase coa preposición a.
Ex: Levou a empresa á ruína.
-
v t
Ter unha idea, intención ou facultade.
Ex: Lévalle idea facer algún día unha viaxe.
-
v t
Acadar ou lograr algo.
Ex: Levou o primeiro premio no concurso de redacción.
Sinónimos: conseguir. -
v t
Quitar algo a alguén.
Ex: Alguén lle levou a bicicleta nun momento de descoido.
Sinónimos: roubar. -
v t
Superar certa idade ou cantidade.
Ex: Cantos anos lle levas a teu irmán? Lévolle dez centímetros de estatura.
-
v t
Poder ter algo certa cantidade no seu interior.
Ex: A xerra pode levar dous litros de viño.
-
v t
Posuír algo na súa composición.
Ex: Que leva este prebe?
-
v t
[MAT]
Engadir unidades dunha orde á inmediatamente superior nunha operación matemática.
-
v i
Prender as plantas que foron transplantadas ou enxertadas.
-
v pron
Ter unha ou máis persoas unha boa ou mala relación. OBS: Adoita empregarse seguido dos adverbios ben/mal ou outros semellantes.
Ex: Non se levan co seu sobriño. Levámonos moi ben todos os veciños.
-
v pron
Estar algo de moda.
Ex: Lévanse moito os pantalóns de campá.
-
levar
[MAR]
Recoller un barco as áncoras para comezar a navegar.
Ex: O navío levou áncoras con destino a América.
Frases feitas
-
Andar levado/levada do demo. Estar alguén enfadado ou de mal humor.
-
Andar levado/levada do demo. Estar alguén enfadado ou de mal humor.
-
Levar + part. Indica que a acción expresada polo participio foi rematada en repetidas ocasións ou que se realizou de xeito continuado durante un período de tempo, á vez que se fai unha valoración da cantidade acadada durante a acción. Ex: Xa leva roto tres pratos no que vai de mañá.

Levar + xer. Indica que a acción expresada polo xerundio ocorre desde hai certo tempo. Ex: Levan saíndo máis de ano e medio.
-
Levar + xer. Indica que a acción expresada polo xerundio ocorre desde hai certo tempo. Ex: Levan saíndo máis de ano e medio.
-
Levar a auga ao seu muíño. Actuar alguén en proveito propio. Ex: Sempre que pode tenta levar a auga ao seu muíño, sen ter en conta á outra xente.
-
Levar a auga ao seu muíño. Actuar alguén en proveito propio. Ex: Sempre que pode tenta levar a auga ao seu muíño, sen ter en conta á outra xente.
-
Levar a contra/contraria. Contradicir a alguén.
-
Levar a contra/contraria. Contradicir a alguén.
-
Levar adiante. Continuar con algo xa comezado ou proxectado.
-
Levar adiante. Continuar con algo xa comezado ou proxectado.
-
Levar arreo. Facer algo de seguido. Ex: Levaron arreo un bo eito de patacas.
-
Levar arreo. Facer algo de seguido. Ex: Levaron arreo un bo eito de patacas.
-
Levar as de perder. Estar en desvantaxe en algo. Ex: Como pelexedes ti levarás as de perder.
-
Levar as de perder. Estar en desvantaxe en algo. Ex: Como pelexedes ti levarás as de perder.
-
Levar e traer. Andar en contos e murmuracións.
-
Levar e traer. Andar en contos e murmuracións.
-
Levar en andas. Adular a alguén.
-
Levar en andas. Adular a alguén.
-
Léveme o demo! Expresión que se emprega para afirmar algo con rotundidade. Ex: Léveme o demo se non hei ir á festa!
-
Léveme o demo! Expresión que se emprega para afirmar algo con rotundidade. Ex: Léveme o demo se non hei ir á festa!
-
Non levar dous dacabalo. Non aturar bromas nin imposicións. Ex: Anda con coidado co que fas que é das que non levan dous dacabalo.
-
Non levar dous dacabalo. Non aturar bromas nin imposicións. Ex: Anda con coidado co que fas que é das que non levan dous dacabalo.
-
Vas levar! Expresión coa que se ameaza a alguén cunha azouta ou unha malleira.
-
Vas levar! Expresión coa que se ameaza a alguén cunha azouta ou unha malleira.
-
Levar Deus a alguén. Morrer.
-
Levar Deus a alguén. Morrer.
-
Levar por ben. Conseguir algo de bos modos ou sen problemas. Ex: A ver se podes levar por ben o reparto da herdanza.
-
Levar por ben. Conseguir algo de bos modos ou sen problemas. Ex: A ver se podes levar por ben o reparto da herdanza.
-
Levar un chasco. Levar alguén unha decepción.
-
Levar un chasco. Levar alguén unha decepción.
-
Levarse coma o can e o gato/a cabra e o coitelo. Non ter boa relación dúas ou máis persoas.
-
Levarse coma o can e o gato/a cabra e o coitelo. Non ter boa relación dúas ou máis persoas.
-
Non levar algo o corpo. Non aturar ou producir noxo algunha cousa.
-
Non levar algo o corpo. Non aturar ou producir noxo algunha cousa.
-
Non levar algo o estómago. Non sentar ben algunha cousa.
-
Non levar algo o estómago. Non sentar ben algunha cousa.
Palabras veciñas
Levante, Estados Latinos de | levantino -na | levar | levar | levate | levatón | leveIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles levo
levas
leva
levamos
levades
levan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles levaba
levabas
levaba
levabamos
levabades
levaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles levei
levaches
levou
levamos
levastes
levaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles levara
levaras
levara
levaramos
levarades
levaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles levarei
levarás
levará
levaremos
levaredes
levarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles levaría
levarías
levaría
levariamos
levariades
levarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles leve
leves
leve
levemos
levedes
leven
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles levase
levases
levase
levasemos
levasedes
levasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles levar
levares
levar
levarmos
levardes
levaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
leva
-
-
levade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles levar
levares
levar
levarmos
levardes
levaren
levada
levados
levadas