nata

nata

(< lat natta, variante dolat tardío matta ‘esteira’)

  1. s f [ALIM]

    Produto de cor branca amarelada, rico en graxa, que se separa do leite en repouso (nata aceda) ou por centrifugación en desnatadores (nata doce). Hixienízase e pode ser estelirizada ou homoxeneizada. Contén un 20-30% de graxa, o 60-70% de auga, proteínas, lactosa e minerais. Consómese directamente ou ben mesturada en pasteis, xeados e queixos moi graxos. Tamén se emprega na elaboración da manteiga. Na análise é fundamental o ensaio sensorial, a cantidade e a calidade da graxa, a acidez e os aditivos. A nata batida é esponxosa e leva azucre.

    Confrontacións: crema, tona.
  2. s f [ALIM]

    Crema que se elabora batendo a nata do leite con azucre.

Frases feitas

  • A flor e nata A mellor parte dalgunha cousa. Ex: Estará a flor e nata da nosa intelectualidade.

Palabras veciñas

Nasturtium | Nasua | nata | nata | natación | natal | Natal