panxoliña
panxoliña
(< lat pange lingua‘primeiras palabras dun canto relixioso’)
-
s
f
Canción popular que se canta polo Nadal. A vitalidade do xénero, a súa longa conservación e a súa calidade folclórica provocaron que os textos se convertesen en anónimos, produtos poéticos da colectividade que os elaborou ao longo dunha transmisión oral e dentro dos costumes periodicamente actualizados. Os temas proveñen de fontes eclesiásticas, populares e profanas.
-
s
f
Gabanza interesada ou acción afectadamente cariñosa.
-
s
f pl
Coros que, na noite de Nadal, percorrían as rúas de Santiago de Compostela cantando panxoliñas.
Frases feitas
-
Andar con panxoliñas. Empregar medios pouco eficaces para solucionar un problema. Ex: Non andes con panxoliñas e dille o que lle tes que dicir.