particular
(< lat particulāre)
-
adx
Que corresponde exclusivamente a unha persoa ou cousa e non a outras.
Ex: Esas son opinións particulares súas. Cada cadro ten a súa cor particular.
-
adx
Que está fóra do común.
Ex: Este peixe ten un sabor particular. Ten unha voz moi particular.
-
adx
Que pertence ou se reserva a unha persoa ou grupo concreto de persoas.
Ex: Non se pode pasar porque é un camiño particular. Ten un secretario particular.
-
adx
Que atinxe exclusivamente a unha persoa ou grupo ou cousa, por contraposición ao xeral ou universal.
Ex: Antepuxo os seus intereses particulares aos da familia.
-
adx
[FILOS]
-
Aplícase ao xuízo ou á proposición en que o suxeito comprende un número parcial de obxectos (algúns S son P), en contraposición ao xuízo ou proposición tanto universal (todos os S son P) como singular (este S é P).
-
Aplícase ao concepto ou ao momento dialéctico que, na filosofía hegeliana, se atopa entre o individual e o universal, segundo é afirmado na súa realidade pola negación do outro, negación que non está incluída no individual e que está superada no universal.
-
-
s
Persoa privada, non revestida de carácter público.
Ex: A denuncia foi presentada por un particular.
-
s
m
Circunstancia ou asunto específico e concreto.
Ex: Non quero discutir sobre ese particular.
Frases feitas
-
En particular 1 loc adv Por separado. Ex: Os casos de adopción deben ser tratados en particular.
-
2 loc adv Dunha maneira especial. Ex: Referiuse en particular aos efectos da chuvia ácida.
-
Sen outro particular Sen máis que engadir ou dicir. OBS: Emprégase como fórmula de despedida nunha carta. Ex: Sen outro particular, despídese atentamente.