Piñeiro Feijóo, Antonio
Xornalista e funcionario no concello de Celanova. Vencellado á Fundación Curros Enríquez, os seus intereses orbitan arredor deste escritor, da historia da súa vila natal, do Couto Mixto e das relacións transfronteirizas entre Galicia e o norte de Portugal. Como xornalista, colaborou en medios moi diversos: diarios (La Región de Ourense a través da columna Ourensalia), revistas (Auria, do devandito xornal, e Raigame), radio (no programa Tertulias do Latino de COPE-Ourense) e televisión (Tele Miño). Entre as obras nas que colaborou están cadanseus relatos nas obras colectivas Contos sen fronteiras (1999) e Coroa literaria para Roberto Blanco Torres na súa morte (1999), os libros Pepe Velo, pensador, soñador e mestre revolucionario (2000), Intrahistoria da Casa dos poetas (2002), Celanova 1900-1981. Memoria fotográfica (2007), Xosé Velo Mosquera. Poeta e soñador, politico e pensador, revolucionario e mestre (2008) e Anónimos (2009) e os vídeo-documentais Pedra e poesía e Celanova, un paseo pola historia de Galicia.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Celanova