Díaz Pedreira, Antonio

Díaz Pedreira, Antonio

Médico e gravador. Neumólogo de profesión, pertence ao colectivo de gravadores Grupo Graph de Vigo e ao Taller Experimental de Gráfica de Vigo. Mostrou a súa obra en numerosos certames, dentro e fóra de España, dos que se poden destacar as seguintes: Premio de Gravado Máximo Ramos de Ferrol (2001, 1999); Bienal Internacional de Gravado Caixanova (Ourense, 2000); Feria de Arte Internacional Puro Arte de Minas (Uruguay, 2005); Exhibition XIV Bienal Internacional de Arte de Vila Nova de Cerveira (Portugal, 2007); 5th KIWA Exhibition, Kyoto International Woodprinte Association en Kyoto (Xapón, 2007); 6th Lessedra World Art Print Annual en Sofia (Bulgaria, 2007); Salón Internacional Estampa 2006 e 2007; e The Biennal International Miniature Print Exhibition de Vancouver (Canadá, 2007 e 2008). A súa obra está presente, entre outras coleccións, na Biblioteca Nacional de Madrid, na Fundación Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos, Fundación Antonio Pérez de Cuenca, Museum of the International Association of Kyoto’s Woodcut (KIWA) de Xapón e o Museo Municipal de Viveiro. Recibiu o premio de Gracado da Asociación Española de Pintores y Escultores no VI Certamen de Artes Plásticas Lorenzo Aguirre de Dibujo, Grabado y Escultura (Madrid, 2007) e a Medalla de Gravado Espina y Capo no 74 Salón de Otoño no Museo Casa de la Moneda (Madrid, 2007).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Viveiro