López, Xoel

López, Xoel

(A Coruña 1977) Músico. Tras pasar polos grupos The Covers e Elephant Band, fundou o seu proxecto persoal, Deluxe, lanzando o seu primeiro disco, 'Not what you had thought', en 2001 co selo musical Mushroom Pillow, co que se mantén ata 2007, data na cal firma un contrato con Virgin Records. No ano 2003 publica un álbum de sete temas 'We create, we destroy' e, no ano seguinte, o largo 'If things were to go wrong' . En 2005 saca o seu primeiro traballo integramente en castelán, 'Los jóvenes mueren antes de tiempo'. No 2007 sae a luz 'Fin de un viaje infinito' , xa en colaboración coa multinacional. O último álbum publicado leva por título 'Reconstrucción'. O estilo musical de Xoel pódese definir como ecléctico con influencias que van dende os Beatles e o soul da Motown ata a bosanova e os sons electrónicos. En paralelo ao seu proxecto Deluxe, no ano 2000 creou Lovely Luna, un dúo en formato acústico xunto con Félix Arias. No 2009 versionou ‘Quen puidera namorala’, un tema do cantautor galego Luis Emilio Batallán, por encargo do PSOE para ser empregado na campaña das Eleccións Galegas do 1 de marzo.