Rowling, J. K.

Rowling, J. K.

Escritora. De nome Joanne «Jo» Rowling. Licenciada en francés pola universidade de Essex, é mundialmente coñecida por ser a autora da serie de sete libros de Harry Potter, traducidos a máis de 65 idiomas e dos que leva vendidos máis de 400 millóns de copias. Despois de ser rexeitado por moitas editoriais, o primeiro libro, Harry Potter e a pedra filosofal, foi publicado no ano 1996 pola editorial independente londiniense Bloomsbury e en poucas semanas converteuse nun éxito de ventas. No ano 1998 a produtora Warner Bros adquiriu os dereitos para realizar as películas da serie. Gracias ao éxito dos seus libros, Rowling pasou de vivir case na pobreza a ser unha das persoas máis ricas do Reino Unido. Obtivo numerosos premios pola súa obra, entre eles o Premio Príncipe de Asturias da Concordia en 2003.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Yate, Reino Unido