Alonso Díaz, Fernando

Alonso Díaz, Fernando

Piloto de Fórmula 1. Comezou pilotando karts aos tres anos, e ese mesmo ano gañou a súa primeira carreira. Aos oito anos (1988) acadou o trunfo na súa primeira competición oficial, o Campionato infantil de karts de Asturias, que volveu gañar ao ano seguinte, xunto co de Galicia. En 1991 gaña os de Asturias e País Vasco en categoría cadetes, e en 1993, 1994 e 1996 o de España categoría junior. No 1998 gaña o campionato de España, o París-Bercy, o campionato Industria de Italia e o Open Ford. En 1999 entra na Fórmula Nissan, no que gaña o campionato Euro Open Movistar. Daí pasou á Fórmula 3000, chegando a quedar cuarto na clasificación xeral dese ano. No 2001 debutou na Fórmula 1 coa escudería Renault, aínda que cedido a Minardi. No 2002 volveu a Renault, e no 2003 acadou a primeira victoria no Gran Premio de Malasia, á que se unen ese mesmo ano o de Hungría e o de Italia. No 2005, tras o GP de Brasil, acada o título de Campión mundial de Fórmula 1. Ese mesmo ano recibe o Premio Príncipe de Asturias dos Deportes. Despois gañaría o Gran Premio de España, Mónaco, Reino Unido e Canadá (todos no 2006) e nesa tempada volveu a acadar o título de Campión do mundo. Na tempada 2007 acabou terceiro na clasificación xeral, na 2008, quinto, e noveno na 2009. No ano 2010 ficha por Ferrari.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Oviedo