abalo

abalo

(< abalar)

  1. s m

    Movemento de vaivén con respecto a un punto fixo que incide sobre un corpo.

    Ex: O abalo do berce fixo durmir o neno.

    Sinónimos: abaladura, abalamento, abaneadura, abaneo, abaneón, acaneo, bambeo, balanceo.
  2. s m [MAR]

    Fluxo ascendente da auga do mar ata acadar o seu nivel máximo.

    Ex: Foi pescar aproveitando o abalo das seis e media.

    Sinónimos: preamar. Antónimos: devalo, baixamar.
  3. s m

    Cuarto crecente da lúa.

    Ex: Santiago Pemán anunciou o abalo para dentro de tres días.

    Sinónimos: crecente. Antónimos: devalo.