abastecemento

abastecemento

(< abastecer)

  1. s m

    Acción e efecto de abastecer ou abastecerse.

    Ex: O abastecemento das gasolineiras queda suspendido mentres dure a folga dos traballadores.

    Sinónimos: abastamento, abastanza, abasto, aprovisionamento, avituallamento, provisión, subministración, fornecemento, abasto.
  2. s m

    Acción de fornecer materias, mercadorías e produtos demandados por unha poboación ou calquera colectivo para o desenvolvemento das súas actividades. Especialmente a provisión dos bens que permiten cubrir as necesidades elementais das persoas e das materias primas da industria.

  3. abastecemento en voo [AERON]

    Subministro de combustible dun avión cisterna a unha segunda aeronave.

  4. avión de abastecemento [AERON]

    Avión que subministra combustible a outra aeronave durante o voo.

  5. centro de abastecemento

    Aquel lugar onde os órganos do exército entregan os abastecementos aos servicios das grandes unidades subordinadas.

Palabras veciñas

abastardamento | abastardar | abastecedor -ra | abastecemento | abastecer | abasto | abasto