abastecemento
abastecemento
(< abastecer)
-
s
m
Acción e efecto de abastecer ou abastecerse.
Ex: O abastecemento das gasolineiras queda suspendido mentres dure a folga dos traballadores.
Sinónimos: abastamento, abastanza, abasto, aprovisionamento, avituallamento, provisión, subministración, fornecemento, abasto. -
s
m
Acción de fornecer materias, mercadorías e produtos demandados por unha poboación ou calquera colectivo para o desenvolvemento das súas actividades. Especialmente a provisión dos bens que permiten cubrir as necesidades elementais das persoas e das materias primas da industria.
-
abastecemento en voo
[AERON]
Subministro de combustible dun avión cisterna a unha segunda aeronave.
-
avión de abastecemento
[AERON]
Avión que subministra combustible a outra aeronave durante o voo.
-
centro de abastecemento
Aquel lugar onde os órganos do exército entregan os abastecementos aos servicios das grandes unidades subordinadas.