abasto
(< abastar)
-
s
m
abastecemento.
-
s
m
Provisións ou avituallamento de produtos de primeira necesidade.
-
Mercado onde se despachan produtos de primeira necesidade, principalmente alimentarios. En orixe era a praza pública, pero nas civilizacións urbanas axiña se desenvolveron tipoloxías arquitectónicas propias para dotar os mercados da infraestrutura axeitada, por exemplo o basilical de Traiano da Roma imperial (s I-II). En Galicia destaca polo seu valor arquitectónico, a praza de abastos de Santiago de Compostela (1940), unha das últimas intervencións arquitectónicas no conxunto histórico compostelán antes de se declarar Patrimonio Histórico Nacional.
Confrontacións: mercado.
Frases feitas
-
(Non) dar abasto. Responder á demanda. Ex: O camareiro a servir e nos a beber, non nos daba abasto. É unha muller moi ocupada e non dá abasto con todo.