Abbot, George

Abbot, George

Arcebispo de Canterbury (1611-27). Fillo dun tecedor, estudiou na Universidade de Oxford, da que chegou a ser Vicechanceler (1600, 1603 e 1605). Foi un dos redactores da Biblia anglicana patrocinada por Xaime I de Inglaterra. Coroou a Carlos I (1625) pero opúxose ao seu absolutismo, polo que foi destituído.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Guilford

  • Deceso

    Lugar : Croydon