Abd el-Kader

Abd el-Kader

Xefe militar musulmán a quen Almanzor lle deixou o mando das tropas adiantadas na súa razzia no territorio de Galicia. Protagonizou a lenda do músico do castelo de Vilasobroso, a quen mandou executar e esnaquizar; a pesar do cal as mans do músico persistiron en tocar a zanfona, que fora o que alporizara ao mouro por consideralo pouco respectuoso.