abdicación

abdicación

(< lat abdicatione)

  1. s f

    Acción e efecto de abdicar.

    Ex: A pesar da pésima situación do país, non decidiu a súa abdicación.

  2. s f [DER]
    1. Abandono ou renuncia voluntaria dun cargo, dunha dignidade, dun privilexio ou dalgún outro dereito.

    2. Renuncia voluntaria dun monarca en favor de quen o segue na liña sucesoria.

  3. abdicación do estado civil [DER]

    Renuncia da condición de home libre para pasar á condición de escravo ( capitis deminutio maxima ) ou do dereito de cidadanía ( capitis deminutio media).

Palabras veciñas

Abderhalden, Emil | Abderramán | Abdías | abdicación | abdicador -ra | abdicar | abdicativo -va