Abelardo, Pedro
Filósofo e teólogo. Coa obra Sic et non (Si e non, 1122) destaca o método escolástico. Hai quen mantén que só lle deu ampla difusión á contraposición das autoridades patrísticas logo da reflexión propia. Filosoficamente, dentro da cuestión dos universais, adoitou un conceptualismo moderado e por momentos pouco preciso, segundo o cal a universalidade non é senón unha función lóxica de determinadas palabras. Introduciu na análise lóxica o concepto de conveniencia co que estableceu que predicar algo dunha multiplicidade é unha función que exercen os vocábulos, os cales conveñen con varias entidades. Dentro da ética falou da distinción entre o delito e o pecado, aludindo á intención como fundamento da bondade ou maldade, sen embargo, impuxo xulgar a maldade segundo o acto e non segundo o espírito con que é executada. Bernaldo de Claraval combateu as ideas de Abelardo e algunhas das súas teses foron condenadas nos Concilios de Soissons (1121) e de Sens (1140). Autor de diversas obras de teoloxía, de lóxica, de ética e dunha autobiografía que leva por título Historia calamitatum (Historia das calamidades). Os amores de Abelardo e Eloísa, recollidos nas célebres Cartas con Eloísa, constituíron un tema literario fecundo sobre todo no período romántico.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Châlons -
Nacemento
Lugar : Le Pallet, Bretaña -
Deceso
Lugar : Saône, Borgoña