Abiola, Moshood

Abiola, Moshood

Político nixeriano. Famoso home de negocios, foi membro do Partido Nacional de Nixeria. Despois de abandonar este movemento ingresou no Partido Socialdemócrata e foi candidato ás eleccións pesidenciais do 12 de xuño de 1993 por esta formación. Gañou as eleccións, pero o proceso foi anulado polos militares e fuxiu do país. En outubro dese ano volveu ao país e foi encarcerado. En 1996 a súa dona, que encabezaba a loita pola súa liberación, foi asasinada por un grupo paramilitar. Abiola finou en 1998 dun ataque ao corazón na prisión de Abuja.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Abeokuta

  • Deceso

    Lugar : Abuja