abocado -da

abocado -da

(< abocar)

  1. p reg

    de abocar.

  2. adx

    Que está prendido pola boca ou achegado a ela.

    Ex: Teño a saia abocada polo can e non podo moverme.

  3. adx

    Situado ou conducido cara á boca ou entrada dun lugar.

    Ex: A maioría dos ríos están abocados ó mar.

  4. adx

    Desviado da súa posición ou dirección por efecto dunha inclinación.

    Ex: O vaso abocado verteu toda a auga.

  5. adx

    Estar unha res agarrada polas fosas nasais para que non se mova.

  6. adx

    Dise do viño que deixa na boca un comezo de gusto doce; constitúe unha clase intermedia entre o viño seco e o propiamente doce. A concentración de azucre nos viños abocados oscila entre 5 e 20 g/l.

Palabras veciñas

abóbora | abobra | abocadar | abocado -da | abocamento | abocañar | abocar