abondo
abondo
(< lat abundu)
-
cuant
-
Expresa unha cantidade, en singular, ou un número, en plural, suficientes ou que chegan para cubrir as necesidades.
Ex: Ten motivos abondos para non seguir adiante coa súa teima. Xa teñen persoas abondas para formar a orquestra.
Sinónimos: bastante, suficiente. -
En enunciados ponderativos, xeralmente con entoación irónica, pode adquirir un matiz de ‘en exceso, a fartar’.
Ex: Hoxe comín caldo abondo e xa non quero máis en toda a semana.
-
-
adv
En cantidade suficiente, na medida que abonda, de sobra. Tamén se di dabondo e de abondo.
Ex: Por hoxe xa estudiei abondo, agora vou descansar un pouco.