Abrente
Abrente
Publicación relixiosa mensual aparecida en decembro de 1927 e subtitulada “Boletín da Congregación da Anunciada e San Luís Gonzaga”. En outubro de 1933 iniciou unha segunda época dirixida por Ramón F. Fernández e na década de 1940, unha terceira etapa con Xosé Lois Estévez. Incluíronse nela, un artigo en galego sobre o Villancico de Xosé de San Lois, o canto A Galicia de Celestino García Romero e o conto A tía miseria de Carlos Núñez Cea. Tamén se engadiu ao longo dos anos, unha sección de humor e artigos de Antonio Asorey, Luís Facal, Gabriel Méndez, Gonzalo Torrente Ballester e Benito Varela Jácome, entre outros.