Abrente

Abrente

Publicación anual nacida en xullo de 1959 e editada pola Casa de Galicia de Valladolid. Continuadora de Aturuxo (1956) e Lar (1957), foi coordinada por Xesús Rodríguez Chas e Manuel Torres Rodríguez, e dirixida por Xoán Manuel González a partir de 1958. Saía en xullo para celebrar o Día de Galicia e nela recóllese información sobre a propia institución e artigos de diversas temáticas. Amais reprodúcense textos de Cunqueiro, Otero Pedrayo, Xulio Camba e Valle-Inclán, entre outros, e poesías de Rosalía, Cabanillas, Curros Enríquez, Noriega Varela e García Lorca, por citar algúns. Tamén unha sección chamada “Poemas da Terra” con composicións de Carlos Casares, Ferrín e Neira Vilas, contos de Castelao e Lugrís Freire, un artigo sobre o helenismo en Pondal de Carballo Calero e unha sección de humor con debuxos de Castelao e Cebreiro.