abridor

abridor

(< abrir)

  1. s m

    Instrumento que se emprega para extraer a rolla ou chapa das botellas.

    Ex: Non tiñan abridor e non puideron beber o albariño.

    Confrontacións: sacarrollas.
  2. s m

    Instrumento de ferro que antigamente servía para abrir os colos das camisas.

    Ex: Na época da miña bisavoa utilizábase o abridor para os colos das camisas.

  3. s m [IND/TÉXT]

    Máquina para desfacer os bolos de algodón ou doutra fibra téxtil, comprimida pola embalaxe.

    Ex: No taller avariouse o abridor e non puideron entregar o pedido na data sinalada.

Palabras veciñas

Abrideira | Abrideiro | abrideiro -ra | abridor | abrigadeiro | abrigado -da | abrigadoiro