abridor
abridor
(< abrir)
-
s
m
Instrumento que se emprega para extraer a rolla ou chapa das botellas.
Ex: Non tiñan abridor e non puideron beber o albariño.
Confrontacións: sacarrollas. -
s
m
Instrumento de ferro que antigamente servía para abrir os colos das camisas.
Ex: Na época da miña bisavoa utilizábase o abridor para os colos das camisas.
-
s
m
[IND/TÉXT]
Máquina para desfacer os bolos de algodón ou doutra fibra téxtil, comprimida pola embalaxe.
Ex: No taller avariouse o abridor e non puideron entregar o pedido na data sinalada.