abrideiro -ra

abrideiro -ra

(< abrir)

  1. adx

    Que se abre con facilidade.

    Ex: As latas de conservas que hai no mercado hoxe son abrideiras.

  2. s m
    1. Froita que, ao estar madura, se abre e solta o óso con facilidade.

    2. ariedade de pexegueiro que produce un froito do mesmo nome que ten como característica o feito de abrirse e desprender o óso con facilidade.

  3. s m [BOT]

    Enfermidade da abeleira, provocada polos ácaros Eriophyes coryligallorum e Phytoptus avellanae que atacan as xemas florais ou vexetativas. As xemas enfermizas atrófianse, así queda impedida a formación do froito e a árbore queda debilitada.

    Sinónimos: abertal.

Palabras veciñas

abreviatura | Abrideira | Abrideiro | abrideiro -ra | abridor | abrigadeiro | abrigado -da