Abruzos, Os
Abruzos, Os
Rexión de Italia, na vertente adriática (10.794 km2; 1.274.520 h [1997]). A capital é L’Aquila. Dende 1963 a rexión comprende as provincias de Chieti, Aquila, Pescara e Teramo. Os Abruzos son montañas calcarias, moldeadas polos fenómenos cársticos, e fracturadas por fosas tectónicas e depresións sinclinais dominadas ao L polo Gran Sasso de Italia (2.914 m). Economicamente, aínda que a rexión é pobre, está a fomentar o turismo. Así, as praias da costa adriática orientáronse cara ao turismo, potenciando os deportes naúticos. Cómpre destacar a importancia turística e ecolóxica do parque nacional dos Abruzos, creado no ano 1923.