absurdo -da

absurdo -da

(< lat absurdu ‘discordante’)

  1. adx

    Que é contrario á razón, ao sentido común.

    Ex: Esta situación é absurda, os feitos non deberon suceder deste modo.

    Antónimos: racional. Confrontacións: inconsecuente.
  2. s m

    Dito ou feito que é contrario á razón.

    Ex: É un absurdo pretender que o tempo se deteña.

  3. [FILOS]
    1. s m

      Proposición ou xuízo absurdo.

    2. reducción ó absurdo lat reductio ab absurdum

      Razoamento que, partindo do contrario do que quere demostrar, tenta chegar a unha contradición. Para probar a proposición p é preciso asumir a súa falsidade e demostrar que desta falsidade se deriva unha proposición contraditoria con p. Este tipo de razoamento tamén se coñece como redución ao absurdo ou redución ao imposible.

  4. teatro do absurdo

    Movemento literario moi heteroxéneo estudiado na súa mesma xénese por Martin Esslin no seu célebre traballo de 1961 (El teatro del absurdo, 1966). Trátase dunha das máis significativas correntes da literatura dramática contemporánea, que se desenvolveu durante a década dos cincuenta e que tentaba reflectir a crecente irracionalidade dunha sociedade de posguerra na que os valores propios da sociedade ilustrada ou das sociedades igualitarias comezaban a ser criticados. Denunciábase a barbarie que o estado, as institucións e calquera tipo de poder acaban por crear, convertendo a vida diaria nunha rutina, nunha suma de condutas irracionais ou nun pesadelo sen xustificación nin sentido. Textos como La cantatrice chauve (A cantante calva, 1950) de Ionesco, En attendant Godot (A agardar por Godot, 1953) de Samuel Beckett, Le Ping-Pong (O Ping-pong, 1954) de Arthur Adamov ou The Room (O cuarto, 1957) de Harold Pinter, constitúen exemplos das diferentes tendencias dun movemento que ten o seu precedente francés na obra de Alfred Jarry, Albert Camus ou Jean-Paul Sartre, e un referente substancial na peza Tres sombreros de copa (1932) na que o autor español Miguel Mihura rompía a estrutura lóxica da peza e alteraba as funcións dos seus elementos, mostrando canto de absurdo pode agochar a comunicación humana. O absurdo en Galicia deixou sentir a súa forza subversiva en espectáculos realizados por compañías como Artello, Luís Seoane, Escola Dramática Galega, Teatro de Ningures ou Teatro Galileo. No eido da literatura dramática podemos observar a súa influencia na obra de autores tan dispares e significativos como Jenaro Marinhas del Valle, Ricardo Carvalho Calero, Roberto Vidal Bolaño, Manuel Lourenzo, Euloxio R. Ruibal, Miguel Anxo Fernán-Vello ou João Guisán Seijas.

Palabras veciñas

abstraído -da | abstruso -sa | absurdeza | absurdo -da | Abt, Roman | Abū af | Abū āhir ibn al-