Abuín González, Avelino
Escritor coñecido polo pseudónimo Avelino Abuín de Tembra. Catedrático de Literatura Española e técnico superior de Relacións Públicas. En Lisboa fundou, na década dos cincuenta, a revista Breogán do Centro Galego. De regreso a Galicia, foi Secretario Xeral do Padroado Rosalía de Castro (1964-1971) e fundador dos Xogos Frorais Minerva e do Pedrón de Ouro. Autor dos poemarios Camiños (1961), Home ao pairo (1974) e Roldas de Compostela (1983), co que gañou os premios Valentín Lamas Carvajal e Galicia. Escribiu centos de artigos de prensa, prologou diversos poemarios, foi responsable dunha antoloxía da obra En las orillas del Sar e dunha biografía comentada de Rosalía. Cofundou o premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 1991, dirixiu a edición das obras completas de Rosalía a partir de 1992 e fundador da revista Galicia Viva na Internet en 1998.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Laíño, Dodro -
Deceso
Lugar : Santiago de Compostela