Abuíña, ponte da
Abuíña, ponte da
Situada sobre o río Tea na parroquia da Graña (Covelo), conta cun único van de arco apuntado feito con aparello de cachotería e con rasante horizontal. Foi construída no s XVI e forma parte do percorrido do antigo Camiño Portugués de Santiago.