Abū Qīr, Batalla de

Abū Qīr, Batalla de

Batalla naval acontecida o 1.8.1798 na rada de Abū Qīr, ao L de Alexandría, entre a flota británica mandada polo almirante Nelson e a escuadra francesa co almirante Brueys ao mando. A vitoria aseguroulle a Gran Bretaña o dominio naval do Mediterráneo. No mesmo sitio un ano despois derrotou Napoleón os turcos, permanecendo alí tropas francesas ata o desembarco británico.