Abū Roaš
Abū Roaš
Necrópole menfita a 8 km ao norte de Gizeh. Un dos cinco sectores en que está dividido o xecemento contén restos de tres pirámides: dúas construídas en pedra, sendo a máis importante a de Radjedef, sucesor de Kheops (nas súas proximidades atopáronse os enterramentos dos seus funcionarios), e unha en adobe.