Academia Galega de Ciencias
Academia Galega de Ciencias
Institución fundada en 1977 por un grupo de membros numerarios da Real Academia Galega que contaban co apoio da Universidade de Santiago de Compostela e de varios persoeiros do mundo científico galego. Está integrada por académicos de número e correspondentes. Estrutúrase en cinco seccións: Matemáticas, Física e Física do Cosmos; Química e Xeoloxía; Farmacia e Bioloxía; Ciencias Técnicas; e Ciencias Sociais e Económicas. O seu obxectivo é fomentar a difusión destes coñecementos organizando seminarios, promovendo centros de investigación e publicando tratados científicos. Anualmente publica o Boletín da Academia Galega das Ciencias.