Acción, La
Acción, La
Publicación chamada “Quincenario Libertario” aparecida en novembro de 1908 na Coruña e que desapareceu en 1909, cando chegara ao seu número tres (12.12.1908) cunha tiraxe entre 1.000 e 1.500 exemplares. Desapareceu ao faltarlle o apoio económico das sociedades obreiras coruñesas, afogadas polas folgas. Fundada por Rafael García, Antonio García e Xoán Leiro, colaboraron Concepción Arenal, A. Karr e Ricardo Cotelo, entre outros.