Acción Coruñesa

Acción Coruñesa

Semanario republicano nado na Coruña o 1 de novembro de 1920, que cesou o 26 de xuño de 1922, cando chegaba ao número 86. Fundado e dirixido por Xoaquín Martín Martínez, foi subtitulado “Periódico defensor de los intereses de la capital de Galicia”. Casares Quiroga, Lugrís Freire, L. Peña Novo, M. Lustres Rivas, Alfredo Somoza e Roberto Blanco Torres, entre outros, foron os seus colaboradores. Cebreiro, Rafael González Villar, Ricardo Camino e Crestar, encargáronse das caricaturas e retratos literarios de certas personaxes.