Acción Nacional de Pontevedra

Acción Nacional de Pontevedra
[HIST]

Organización política conservadora, fundada na cidade de Pontevedra en xaneiro do 1932. Foi o intento da dereita católica galega de unificar a todos os sectores conservadores baixo unhas mesmas siglas, posteriormente espallouse polas cidades máis importantes e representativas de Galicia. A organización tentou manter relacións directas coa Acción Nacional de Madrid, tratando de non subordinarse á influínte Acción Católica de Compostela, que tentaba erixirse na cidade líder desta organización política. Inicialmente tivo poucos apoios locais, e non acadou a implantación social esperada.