acelo
acelo
(< a- + celo < gr ἀ ‘sen’ + κοῐλον ‘oco, profundo’)
-
adx
[ANIMAL]
Dise dos gusanos pertencentes ao grupo acelos.
-
s
m
[ANIMAL]
Individuo da orde dos acelos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Orde de vermes da clase dos turbelarios formado por individuos mariños de corpo plano, de cor terrosa ou branca, a miúdo verdes por causa das algas verdes simbióticas que viven nos seus tecidos. A súa principal característica é a ausencia de cavidade dixestiva. O xénero máis representativo é Convoluta.