acelo

acelo

(< a- + celo < gr ἀ ‘sen’ + κοῐλον ‘oco, profundo’)

  1. adx [ANIMAL]

    Dise dos gusanos pertencentes ao grupo acelos.

  2. s m [ANIMAL]

    Individuo da orde dos acelos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Orde de vermes da clase dos turbelarios formado por individuos mariños de corpo plano, de cor terrosa ou branca, a miúdo verdes por causa das algas verdes simbióticas que viven nos seus tecidos. A súa principal característica é a ausencia de cavidade dixestiva. O xénero máis representativo é Convoluta.

Palabras veciñas

acelerógrafo | acelerómetro | acelga | acelo | acelomado -da | acelular | acémela